Necesidad obliga

Me he trasladado de centro, de ciudad, de país. Así que mi público será, durante unos años, otro, estudiantes españoles y portugueses del Instituto Español "Giner de los Ríos" de Lisboa.



jueves, 12 de febrero de 2009

DARWIN está de aniversario


Tal día como hoxe, un 12 de febreiro de 1809, naceu un dos homes mais importantes na historia da Ciencia: Charles Darwin.
En 1859 publicarase o seu famoso libro “ A orixe das especies por medio da selección natural” que cambiará a visión que se tiña da natureza e dos homes. Neste libro, Darwin explica a evolución das especies, presentando innumerables probas, probas CIENTÍFICAS, en diferentes campos, paleontoloxía, botánica, zooloxía...basándose tamén en aspectos xeolóxicos. Poderiamos dicir que Darwin non deixou ningún cabo solto.

Para que saibades algo mais sobre este científico, mal estudante coma Einstein, por se vos interesa saber, tedes estas direccións que vos ilustrarán sobe a súa vida, a viaxe no Beagle, a famosa embarcación na que, durante cinco anos, percorreu o planeta.

1. Para coñecer a súa biografía e a viaxe

http://www.monografias.com/trabajos5/darwin/darwin2.shtml#ESTADO
Enlace para saber algo mais sobre Darwin

http://www.youtube.com/watch?v=Y3NoM-onbpU
Biografía a ritmo de música, en power point, para os perezosos que non queran buscarla en outros sitios.

http://www.youtube.com/watch?v=Ye7W-_CIbmQ
Recrea el viaje en el Beagle.


2. Outro científico Alfred Wallace estivo a piques de quitarlle a fama ao "lento" de Darwin, que foi empurrado polos seus amigos,tamén científicos, para publicar nun libro o que xa presentara en artígos nas Sociedades Ceintíficas da época. Para saber algo masi sobre el.

http://www.youtube.com/watch?v=ZLAnAFMULu0
Darwin y Walace

3. A Teoría de Evolución

Recordade o que é o Método científic. É moi importante porque a Teoría da Evolución é unha teoría científica, isto é, apoiada en probas, comprobada por outros científicos e aceptada pola comunidade científica. Mesmo se ainda hai procesos que non poden ser comprendidos. ¡Polo momento!

http://www.youtube.com/watch?v=UcXCJkwH8kE
REDES, breve, clara y sencilla explicación de la teoría de la evolución (6:17)


4. ¡Moitísimo coidado!.

O Creacionismo, vixente durante a maior parte da historia da humanidade, posto que non tíñamos forma de explicar moitas cosas e os humanos queremos saber, reaparece de cando en vez. Unhas veces con mais forza que outras. Nestos tempos, preséntse baixo o nome de "Deseño intelixente"
Prefiro que me fagades preguntas despois de ver os vídeos.

http://www.youtube.com/watch?v=U9Tahi3RVUk
10 mentiras sobre el creacionismo.

Espero as vosas opinións. A participación será tida en conta na calificación final.